---------------------------------------------------------------
VILLA PITUCA
Hai quen somos como prantas itinerantes: nacemos nun chan, cunhas raíces máis ou menos fondas. As miñas arraigaron entre piñeiros e carballos, viñedos e froiteiras, pedras centenarias. E a emoción que sinto pola terra dos meus antergos é comparable ao aprecio que lle teño ao ar que respiro. Esas cepas retorcidas polo peso dos anos. Esa brisa fresa pola mañanciña. Ese miñato que sobrevoa a saia do monte. As circunstancias fannos desprazar polo mundo, pero en Villa Pituca está o destino final dos meus pasos: cando quero ser libre, cando quero ser cativa, cando quero ser auga, xesta, meiga...
1 comentario:
Desde o val do Lérez, un saúdo de papel.
Publicar un comentario