Palabras como ‘traslado’ o ‘reubicación’ son meros eufemismos que distorsionan un problema mucho más complejo, cuyas raíces se hunden en lo más profundo de la clase política y de cuyas ramas prende el reflejo de nuestra propia idiosincrasia: un querer y no poder, o un poder y no querer. Que Ence complete su ciclo productivo y que la riqueza que genere sirva de revulsivo para el precario tejido empresarial de esta Galicia verdeazulada es papel mojado mientras no se aborde con decisión y seriedad, a todos los niveles de implicación, un plan de viabilidad que suponga un futuro alternativo para la ría de Pontevedra.
---------------------------------------------------------
OUTRO FUTURO PARA A RÍA
Un paso tras outro, percorremos un ano máis a distancia que nos separa ata a fábrica de Ence. Entre a obrigación e a devoción, fágome partícipe dun sentimento colectivo: outro mañá para a ría. As bandeiras eclipsan a vista das chemineas pedindo o peche do complexo antes do 2018. Para daquela vencería a concesión dos terreos de dominio público marítimo-terrestre que a factoría leva ocupando dende os anos 60. A xeografía da marisma de Lourizán dista moito do seu aspecto orixinal hai máis de medio século: un dos bancos marisqueiros máis froitíferos pola súa extensión e pola calidade das súas augas, na desembocadura do río Lérez, cedeu boa parte do seu terreo para a elaboración de pasta de papel. Produción industrial e producción artesanal “conviven” nunha especie de paradoxo.
Palabras como ‘traslado’ ou ‘reubicación’ son meros eufemismos que distorsionan un problema moito máis complexo, cunhas raíces que chegan ata o máis fondo da clase política e cunhas pólas das que prende a nosa propia idiosincrasia: un querer e non poder, ou un poder e non querer. Que Ence complete o seu ciclo produtivo e que a riqueza que xenere sirva de revulsivo para o precario tecido empresarial desta Galicia verdeazulada é papel mollado mentres non se aborde con decisión e seriedade, a todos os niveles da súa implicación, un plan de viabilidade que supoña un futuro alternativo para a ría de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario