------------------------------------------------------------
DE XORNALISTAS E OUTRAS HISTORIAS
Había moita xente, certamente, gran poder de convocatoria o desta Administración. A fotografía institucional dende logo é moito máis impoñente que estoutra de colleita propia: tomada a outra cun gran angular, o mar de cabezas é dunha extensión considerable; no centro, a figura mesiánica do Administrador, ante o perfil dos muros dun castelo. Gran posta en escena para un auditorio formado nun 99,9% por persoal feminino. Confeso que é delicado; todo un desafío de diplomacia escrita o que vén por diante. Pero é que foron máis de 3000 mulleres participando en cursos do más peregrino -tai chi, arte floral, bisutería con abalorios ¿?¿?- e dende logo unha comparsa lucindo atuendo vacuno, con cornos de cartulina e movendo o esquelete ao ritmo dunha música machacona, non é o mellor exemplo da formación e do desenvolvemento persoal. Si, cando menos, da desinhibición e da antítese ao sentido do ridículo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario